domingo, 19 de junio de 2016

Cronica

O comezo da ruta das Fragas do Eume, pódese dicir que se empeza a disfrutar na autovía, cando podemos contemplar o bonita entorno rodeado de xestas en flor.

En Ferreira deixábamos un día nubrado e a medida que íamos chegando ó destino, o tempo ía empeorando. Pero iso non nos ia apartar do noso obxectivo, que era disfrutar dun bonito día de sendeirismo e dunha ruta preciosa , para min das mais bonitas.

A peor parte ían levala os pobres cociñeiros (Carmen e Juan) que non o tiveron fácil para facer o churrasco(que por certo estaba boísimo), mentres lles caía auga encima. ¡ Noraboa para os dous!

A ruta foi preciosa por un entorno cargado de maxia e misterio, parecía un bosque encantado, a carón do río, e a bruma e a néboa que había en algúns tramos dáballe ese toque máxico.

Moi interesante tamén ese alto no camiño para ver o mosteiro de Caaveiro. A ruta creo que estaba catalogada como fácil e con 13 km , pero despois de acabala chegamos a conclusión de que a dificultade era media, e a medida (según algunha aplicación era de 16,800). De tódolos xeitos , os km mais duros foron eses “ dous últimos” que se fixeron eternos.

Para rematar , Juan e Carmen tiñan preparada a recompensa a tanto esforzo con un suculento churrasco, o dos postres non falemos. Esa mesa fíxonos esquecer eses “dous últimos km” e tamén a auga que nos caía mentres comíamos

¡Foi un bonito día!

Marisa Rubal



Powered by Wikiloc

No hay comentarios:

Publicar un comentario